DE TROULA EN TROULA
Nesta ocasión o Mago Paco sorpréndenos coa súa última aventura. Unha viaxe pola Galiza máis festeira, acompañado de dous músicos un tanto peculiares.
Os tres amigos tratarán de contarnos como foi a súa viaxe “de troula en troula” e tentarán explicarnos a través da maxia, da música e dunha morea de sorpresas máis as súas vivenzas, experiencias e aprendizaxes dende o Entroido ourensán, pasando polo San Xoán da Coruña ata as torres dos vikingos de Catoira.
Un espectáculo que mestura a maxia con música tradicional en directo, tratando de achegar a cultura, a troula e o folclore galego ós máis cativ@s da casa, mergullándoos nun mundo enfeitizado cheo de: tradición galega, melodías populares, diferentes lugares, personaxes fantásticos e sorisos interminables.
Unha obra con lingua, color, sabor, materia, espazos, música e maxia……. MADE IN GALIZA!!